Martes. 13.04.2021
El tiempo

A resposta do Goberno Estatal aos eternos problemas cos áridos no paseo de Laxe: "Unha tomadura de pelo"

A resposta do Goberno Estatal aos eternos problemas cos áridos no paseo de Laxe: "Unha tomadura de pelo"

”En relación con la materia por la que se interesa Su Señoría, cabe señalar que el Puerto de Laxe es un puerto transferido a la Comunidad Autónoma de Galicia”.

Esta foi a resposta que o Goberno do Estado realizou á pregunta do deputado do BNG Néstor Rego sobre a eterna problemática dos áridos en Laxe. Rego preguntara ao goberno central se coñecía a situación que segue pacedendo laxe pola acumulación de area que chega a ocupar o paseo marítimo, que favorece as inundacións e a colmatación do fondo do peirao; e se se compromete a estudar como afectou a construción do dique ás correntes mariñas e a analizar as causas que provocan esta acumulación par dar unha solución.

Pero como vemos, o goberno do estado nin se preocupou de botar un lixeiro ollo á situación, polo que dende o BNG de Laxe consideran a resposta “unha tomadura de pelo e unha falta de respecto” dado que “as competencias dunha retirada de area son exclusivas do Estado”. Dende o BNG aseguran que “o seu gabinete xurídico no Congreso xa traballa nunha nova iniciativa para sacar adiante unha saída definitiva ao problema”.

Novas relacionadas

comentarios