Venres. 29.03.2024
El tiempo

Soñando no mar da Costa da Morte

Os Soños do Mar de Laxe
Soñando no mar da Costa da Morte

Os soños do mar é unha historia que ocorre nunha pequena vila da Costa da Morte. Nunha vila, na que a súa xente dedica toda a súa vida ó mar. Unha historia dunha xente que sae todos os días ó mar, sen saber se voltarán del. Esa vila leva por nome: Laxe. O mar é a súa vida, o seu soño... pero ás veces teñen que pagar un imposto demasiado caro. Ese imposto leva por nome: Naufraxio.

Así é a documental que presenta a produtora afincada en Carballo, Mandeo Records, e realizada por Daniel López Montero. Unha documental gravada nas augas salgadas da Costa da Morte, centrando os focos no porto de Laxe e nas súas xentes.

Mais información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios