Martes. 02.03.2021
El tiempo

A veciñanza de Laxe e Cabana contan San Valentín e Entroido

Entroido Virtual en Cabana
Cabana está facendo un álbum virtual da historia do seu Entroido
A veciñanza de Laxe e Cabana contan San Valentín e Entroido

Singulares certames a través das redes os que organizan os Concellos de Laxe e Cabana arredor do Día de San Valentín e o Entroido.

San Valentín en Laxe

Xa podedes ver as Bases do cetame de Dedicatorias de Amor de Laxe. Co #Dillobenbonito podes entrar no sorte de 9 noites con almorzo nalgún dos establecimentos de Laxe para dúas persoas.

Certame Dedicatorias Laxe

Entroido en Cabana

Ademais do divertido concurso “Crea un Meco”, Cabana propón dúas novas iniciativas: ‘Contos de Entroido’ e ‘Lembrando o Entroido’.

A campaña de ‘Contos de Entroido’ pretende recuperar vivencias e relatos da infancia ou xuventude dos cabaneses e cabanesas de todas as idades relacionadas con esta festividade. Para participar cómpre gravar en vídeo á persoa protagonista da experiencia relatando a súa historia en menos de dous minutos.
O arquivo poderase enviar ao correo electrónico do departamento de Cultura, [email protected], ou a través do Whatsapp municipal, no 609 212 230. O material audiovisual recibido irase compartindo a través das redes sociais do Concello de Cabana. Tendes ata o 17 de febreiro para enviar os vosos relatos.

Por outra banda, ‘Lembrando o Entroido’ é un proxecto que se desenvolverá nas canles de Facebook e Twitter municipais. Desde o 8 de febreiro e ata o venres 19 compartiranse diariamente fotografías das celebracións do Entroido de entre os anos 2000 ata o 2020 ata conformar un álbum virtual.

Contos_Entroido_Cabana

comentarios