Mércores. 24.04.2024
El tiempo

#10anosQPC con Alberto Pose: "QPC foi unha revolución na maneira de informar onde todos podíamos axudar e tiñamos voz"

#10anosQPC con Alberto Pose: "QPC foi unha revolución na maneira de informar onde todos podíamos axudar e tiñamos voz"
Co gallo dos #10anosQPC seguimos ollando para dentro, intentando abrir as nosas portas e que poidades coñecer un pouco máis a todos os que formamos parte, intrinsecamente, do diario QPC. Hoxe miramos á sección futboleira, tan importante na completa implantación do proxecto na realidade comunicativa costeira. Foi aló polo 2009, cando QPC comezaba a poñer o ollo no Fútbol da Costa, cando, a través de Óscar Santos (o gran culpable do salto futboleiro de QPC) chegaba á familia QPC, Alberto Pose. Natural de Cerqueda non dubidou en poñerse a colaborar con este proxecto de comunicación, asumindo perfectamente a filosofía do diario. 8 anos despois, Alberto Pose segue sendo parte do equipo que fai posible cada ano a Gala do Fútbol da Costa, ou que consegue traer xentes como Sergio Barjuan ou Víctor Paredes a Carballo, no marco du congreso internacional. Asesor fundamental da redacción en materia futboleira, ten aportado tamén ducias de artigos de opinión, e hoxendía mantense ao día da actualidade costeira dende dentro de QPC. Alberto Pose falando en nome de QPC na ultima Gala do Futbol da Costa en Muxia-Foto-DC Alberto Pose, falando en nome de QPC na ultima Gala do Fútbol da Costa en Muxia-Foto-DC  
  • QPC: Como se lle explica a un da Coruña que todas as fins de semana “tes” ou “vas” volver a casa?
É difícil de explicar, e tamén entendo que sorprenda a alguén de fóra. Estou encantando de vivir na Coruña pero o poder disfrutar a fin de semana da túa parroquia, da Costa da Morte en xeral, é maravilloso. E por suposto un partido de fútbol da Liga da Costa, dá igual os equipos, é un luxo para un apaixonado do fútbol modesto como son eu. Tamén é certo, que por motivos profesionais e familiares esas visitas ou escapadas cada día son menos frecuentes.  
  • QPC: Apaixoado do balón, serías capaz de deixalo todo para volcarte nun proxecto deportivo? Onde te ves?
Encantame o fútbol, adoro o fútbol, o meu día a día , aparte da mila vida profesional móvese arredor do fútbol: os meus amigos son de fútbol, os cafés pola tarde son falando de fútbol, todo é fútbol. Está claro que me encantaría embarcarme nun proxecto máis ambicioso a nivel futbolístico, mentiría si digo que non. Agora mesmo ata diría que o necesito, síntome preparado para afrontar retos futbolísticos máis ambiciosos, non a calquera prezo e con obxectivos máis ala do fútbol, obxectivos sociais, educativos , integradores... Onde me vexo? Pois oxalá nun proxecto ambicioso, con ganas de medrar e facer as cousas ben, pero non ten porque ser un equipo de fútbol. Un proxecto onde o deporte e a Costa da Morte se unan para ofrecer algo diferente, por exemplo unir deporte con turismo, congresos deportivos con visibildade a Costa Morte e miles de cousas que se veñen a cabeza.  
  • QPC: Material deportivo, nenos necesitados, un soño…
O fútbol e o deporte rei, move a millóns de persoas, é un estado de ánimo. Na nosa zona como se vive, cono se disfruta e a envexa de toda Galicia, a final da Copa é un evento que move a milleiros de persoas. Ademais de todo iso, ten que ser una ferramenta que sirve para canalizar todo tipo de axudas os máis necesitados. No Cerqueda por exemplo xa o fan, un clube aparte do deportivo debe ter outros obxectivos, axudar a sua contorna. Desde QPC e a sus iniciativas de partido solidarios e o que fai axudar a sus contorna, como fixemos cos Partidos Solidarios do Combinado da Costa doando o recadado para conseguir material deportivo para as familias máis necesitadas da contorna. Agora mesmo, xunto con Julio Vila, foi el o que propuxo a idea, estamos a traballar para levar material deportivo a Angola, coa axuda de Toni Cortés, adestrador que estivo no Congreso en Carballo e que traballa nese país Africano O de levar a un país africano material é un vello sono que tiñamos e creo que ao final o conseguiremos.  
  • QPC: Cóntanos un pouco máis como descubres QPC e como decides formar parte da familia?
Descubrin QPC gracias a Óscar Santos. Estareille eternamente agradecido, porque coñecín a unha persoa fantástica coma el e por deixarme formar parte da familia QPC. Síntome orgulloso de pertencer a QPC, e cada día que pasa máis, ademais agora xa me recoñecen como "o de QPC" cando me ven en algún campo costeiro, ou mesmo en Riazor me preguntan "es Alberto Pose de QPC, o que organizou o congreso en Carballo???" Primeiro riste pero depois valoras positivamente este tipo de anécdotas.  
  • QPC: Que cres que aportou nos seus inicios e que segue aportando QPC á Costa da Morte?
QPC aportou información o momento, cando estaban a suceder as cousas, todos podíamos saber o que pasaba, non tiñas que esperar ao día seguinte para lelo. Foi unha revolución na maneira de informar onde todos podíamos axudar e tiñamos voz. Na actualidade QPC segue informando e dando voz a todos e tamén visibildade á xente que día a día fai un traballo escuro pero moi necesario para os demais poidamos vivir mellor, disfrutar mellor... E QPC foi capaz de saír da rede, e organizar congresos, galas, álbums de cromos, outra maneira de contribuir a que a Costa da Morte teña máis actividades e máis visibilidade, para min foi o máis importante dende que formo parte de QPC.  
  • QPC: Que significan eses eventos que arma QPC arredor do Fútbol da Costa (Galas, Partidos solidarios do Combinado, Congreso…) para a zona?
É certo que estes eventos todos estiveron enfocados cara o fútbol. Para min son fundamentais, en primeiro lugar para QPC, así todos nos poñen cara (jajaja) e tamén para a Costa da Morte e para o fútbol costeiro. O álbum de cromos foi un boom tremendo, en toda Galicia falabase do álbum e ata David Vidal estivo na presentación. O congreso contou con adestradores de primeiro nivel (a ver si para o ano volvemos a organizalo). En definitiva, xente de primeira liña futbolística estivo e coñece o fútbol da costa. Oxalá puideramos organizar máis e mellores eventos. Pero non só depende de nós, necesitamos apoio dos concellos e demais intitucións, pero creo que é positivo para todos. Alberto Pose no Congreso de Futbol organizado por QPC en Carballo -Foto-JP Alberto Pose no Congreso de Futbol organizado por QPC en Carballo -Foto-JP  
  • QPC: Fálanos un pouco da túa UD Cerqueda. Parece que o camiño da canteira xa está marcado para seguir medrando. Como se albisca o futuro da UD?
O Cerqueda a día de hoxe ten un futuro tremendo. A aposta polo fútbol base é un soño feito realidade. Paso a paso estou seguro que conseguirán ser un club con varios equipos de base estables e de futuro. A directiva sabe das súas limitacións pero a ilusión non lle gaña ninguén. Tamén e certo que o traballo de Raúl no equipo senior é fantástico - aportou tranquilidade ao equipo - e si por min fora sería adestrador do Cerqueda ata que el quixera. Ademais entendeu á primeira o cambio de rumbo que levou a directiva liderada por Roberto. En definitiva, empezouse un proxecto que, con moita ilusión e intentando facer as cousas ben, creo que ao final tera a súa recompensa.  
  • QPC: E falando en clave hiperlocal, como nos gusta en QPC. Que ten Cerqueda que non teñan outas parroquias da contorna?
A parroquia de Cerqueda é a máis bonita da Costa Morte (jajaja). Agora en serio, en primeiro lugar que os veciños de Cerqueda son uns privilexiados por contar con equipo de fútbol. De Raigañas, que vou dicir eu, xa esta todo dito. Da asociación de veciños que está sempre traballando... O milladoiro é un claro exemplo. É una parroquia viva, activa . Despois tamén penso que ten moitos recursos turísticos, ata creo que ten lugares únicos para facer todo tipo de actividades deportivas  como btt, trails… Pero de momento non están potenciadas, pero tamén creo que a Costa da Morte en xeral ten recursos e lugares únicos para facer todo de tipo de eventos deportivos que se deberían potenciar e usar para atraer turismo, unindo toda a Costa da Morte creo que sería un proxecto con moi boa pinta.  
  • QPC: E por último, sabemos que xa tes tido ofertas… Gustaríache entrar no mundo da política municipal?
Tiven dúas propostas para estar en proxectos políticos a nivel municipal, Descarteinas principalmente porque non podo por temas de traballo. Tamén teño que dicir que non me disgustaría, pero a nivel municipal non creo en cores políticosm si non máis ben en proxectos políticos, dá igual quen os presente. Se me presentan un proxecto político real, comprometido e posible de acometer, por que non??? Ademais creo que a nivel costeiro, nas politicas municipais, escasean os proxectos.  

#10anosQPC

10 entrevistas para #10anosQPC

10 artigos par #10anosQPC

Fonte

Comentarios