15 anos de Doces de Entroido en Malpica
Tralo Deembarco Pirata, e antes da Mikaela de Buño do vindeiro sábado, o Entroido malpicán tña unha cita cos doces. O martes acolleu o Concurso Gastronómico de Doces de Entroido de Malpica, que este ano celebrou o seu 15º aniversario, e reuniu a centos de persoas no polideportivo municipal. Os máis pequenos puideron gozar durante toda a tarde cos xogos inchables, o karaoke, o futbolín, o touro mecánico e, por suposto, a degustación de doces que puxo o punto final á celebración.
Os peques disfrutaron da festa e do Certame de Doces de Entroido de MalpicaForon un total de 25 os participantes nas tres categorías establecidas: infantil, amateur e profesional. O xurado, integrado por representantes do Concello e das entidades colaboradoras, Asociación de Redeiras Mar da Illa e ANPA Ventorillo, tivo que enfrontarse a unha difícil tarefa dada o elevado nivel. Sabor, presentación, orixinalidade e tradición mesturáronse nunha tarde que encheu de animación o polideportivo municipal.
Premio amateur no Certame de Doces de Entroido de MalpicaNa categoría infantil o primeiro premio foi para as “Borlas de froita” de Alba Villanueva; o segundo, para as “Magdalenas multicolor” de Noelia Garrido, e o terceiro, para o “Brazo de xitano de Entroido” de Brais Casal. Na categoría profesional o gañador foi o “Queique con máscara” do JB, mentres que o segundo posto correspondeu ao “Flan de mandarina” do Cachón e o terceiro, ao “Flan de café con nata” do Brebaxe. Polo que respecta a categoría amateur, na que se rexistrou a maior participación e que foi, polo tanto, a máis rifada, trunfou o “Queique de laranxa e canela” de Luisa de Spellos. O segundo premio foi para a “Tarta de cereixas” de Isabel Camiño Mouzo, e o terceiro, para a “Tarta de trufa” da Asociación de Amas de Casa.
Queique con máscara de JB no Certame de Doces de Entroido de Malpica Xurado Certame de Doces de Entroido de MalpicaNovas relacionadas
- O vindeiro sábado, a Mikaela.
- Entroido 2016: Desembarco Pirata no Entroido malpicán.
- Entroido 2015: A Mikaela de Buño, a raíña do Entroido da Costa da Morte.
- Entroido 2014: Unha de enterros para o End-troido.
- Entroido 2013: O Entroido costeiro viviu unha completa traca final ca Mikaela.
- Entroido 2012: A Mikaela peregrinou por todas as tabernas de Buño.
- Entroido 2012: Os pequenos de Cerqueda abriron o entroido.
- Entroido 2011: A Mikaela, un Vía Crucis de bares.
- Entroido 2011: Cerqueda recupera o seu patrimonio coa gravación dunha Polafía.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).