Venres. 29.03.2024
El tiempo

15 persoas aprenden o bo oficio de camareiro en Malpica

15 persoas aprenden o bo oficio de camareiro en Malpica

Canta falta fan estes cursos no sector da hostelería para a Costa da Morte. Pois ben, en Malpica, un total de 15 persoas participantes no II Plan Galego de Inclusión Social (II PGIS) da Consellería de Traballo e Benestar asisten estes días a un curso de camareiro de sala en Malpica.

O curso de camareiro achega aos asistentes 40 horas de formación específica co obxectivo de aumentar as súas competencias cara ao mercado de traballo e as súas opcións de atopar un emprego.

As distintas sesións son impartidas por persoal do Restaurante Aldeola, situado no mesmo concello, que acolle aos participantes nas súas instalacións.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta de Galicia.

Comentarios