Xoves. 25.04.2024
El tiempo

21 obras de poesía erótica para homenaxear a Paco Souto

21 obras de poesía erótica para homenaxear a Paco Souto
Paco Souto, Eduardo Parga e Paco de Tano presentando o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas 2013 Paco Souto, Eduardo Parga e Paco de Tano presentando en 2013 o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas 12 anos cumpre o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Un certame que este ano vén marcado polo pasamento dun dos seus grandes valedores, Paco Souto. E para renderlle a merecida homenaxe, nada mellor que facer do certame un éxito de participación. 21 obras presentadas representan a mellor marca rexistrada no certame. O fallo farase, como todos os anos, na Cea das Letras, que se celebrará o 4 de novembro. Será tamén un día especial, pois a cita do Centro Cívico de Malpica e incluirá unha homenaxe a Paco Souto. No acto do día 4 tamén se realizará a presentación de “O home invisíbel”, a obra gañadora do ano pasado, da autoría de Xabier Queipo. O Concello de Malpica financia o premio, dotado con 1.000 euros, e a edición da obra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios