Xoves. 18.04.2024
El tiempo

3 novos permisos de percebeiro en Mapica

3 novos permisos de percebeiro en Mapica

A Consellería do Medio Rural e do Mar vén de convocar 3 novos permisos de explotación para a confraría de pescadores de Malpica dirixidos á extracción de percebe para o marisqueo a pé.

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, na orde pola que se regula a extracción do percebe e presentar a documentación requirida pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende hoxe, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da xefatura territorial e na páxina web da Consellería conselleriamar.xunta.es.

A

s solicitudes presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios