Martes. 16.04.2024
El tiempo

30 familias conciliarán co campamento urbano de verán de Malpica

CARTEL MALPICA- Campamento urbano de veran
30 familias conciliarán co campamento urbano de verán de Malpica

O 2 de agosto comeza o Campamento Urbano de Verán do Concello de Malpica, que permitirá a conciliación para as familias de 30 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. O concelleiro de Benestar e Promoción Económica, Sergio García Villar, incide na intención do goberno local de “por en marcha medidas e iniciativas e favorezan a conciliación da vida laboral e familiar, máis aínda na situación sanitaria actual”.

O programa, 100% gratuíto, terá lugar de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, ata o 31 dese mesmo mes. Actividades de expresión artística, saídas de coñecemento e valorización da contorna, accións de sensibilización ambiental, papiroflexia, xogos na praia, e propostas vinculadas tamén á igualdade de xénero. Así mesmo, o 20 de agosto, os cativos e cativas participarán no XX Concurso de Barcanas e Castelos de Area Praia de Area Maior. A base dos campamentos será o Centro Cívico de Malpica, pero para realizar todas estas propostas levaranse a cabo tamén saídas á contorna.

As solicitudes poderán tramitarse no departamento de Servizos Sociais do Concello (1º andar do Centro Cívico) entre o luns, 26 de xullo, e o venres, día 30. Toda a documentación e a ficha de inscrición estará publicada na páxina web municipal.

Comentarios