Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Mostra de Olería de Buño abriu a súa oferta de cultura e tradición

A Mostra de Olería de Buño abriu a súa oferta de cultura e tradición
Cocedura tradicional da Mostra de Oleria de Buno 2017 Cocedura tradicional da Mostra de Oleria de Buño 2017 Xa está en marcha, queda aínda toda esta semana de actividades e tradición, a Mostra de Olería de Buño, e coma sempre, o pistoletazo de saída deuno a Cocedura Tradicional que se realiza no Ecomuseo do Forno do Forte. Foi durante a segunda xornada, a sabatina, despois dun venres de presentacións oficiais e moito baile galego. Un sábado no que o Forno do Forte recibiu a máis de mil persoas procedentes de todo o territorio español e, aínda que en moita menor cantidade, tamén do estranxeiro. A presidenta dos Oleiros Carme Labrador durante a presentación oficial da MOstra de Oleria de Buno A presidenta dos Oleiros Carme Labrador durante a presentación oficial Cocedura tradicional da Mostra de Oleria de Buno 2017 2 O alcalde de Malpica xa é case que un experto cocedor Unha cocedura especial este ano, pois recuperou os ouriñais, que deixaron de fabricarse hai anos. Foron nada mesmo que 1.500 pezas as que se coceron este ano no Forno do Forte, e entre elas figuran, por primeira vez, os tradicionais ouriñais ou pericos. “Era algo que había en todas as casas e que se facía en todas as olerías, e en Buño tamén”, sinalou o director do ecomuseo, Paco Doval, quen destacou o éxito desta 19ª Cocedura Tradicional: “Saíu todo moi ben”. Aos mandos do lume estivo coma sempre o oleiro Antonio Pereira, O Rulo, acompañado dun alcalde, Eduardo Parga, xa feito todo un experto na materia. Alí estiveron toda a mañá preparando e cargando o forno para prendelo arredor das 16:00h. Aínda quedaba moito choio. Durante toda a tarde haique darlle aos atizadores para manter a temperatura arredor dos 1.000 graos que se precisan para que as pezas queden ben cocidas. A xornada rematou coa Festa da Carroa, aproveitando as brasas para preparar un bo churrasco que serviu de escusa para comentar as anécdotas da xornada antes de dar renda solta á diversión coa música do grupo Pelepau, que está a piques de comezar a súa actuación. O domingo foi día de ver o resultado, e disfrutar da música de De Vacas, demostrando que a aposta deste ano pola música galega vai dar moito aire a esta Mostra. De Vacas na Mostra de Oleria de Buno De Vacas amenizou a sesión vermú Mostra de Oleria de Buño

Programa

Programa da Mostra de Oleria de Buno 2017  

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

Comentarios