Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A asociación Raigañas de Cerqueda busca relevo

A asociación Raigañas de Cerqueda busca relevo
raiganas cerqueda Unha das asociacións culturais máis veteranas da Costa da Morte busca relevo directivo. Así que este domingo, 16 de outubro, ás 17 horas terá lugar no local sociocultura das Pozacas a celebración daa asamblea xeral da asociación cultural Raigañas de Cerqueda na que o primeiro punto da orde do día é a disolución da actual directiva e a convocatoria para a reeleción dunha nova. A actual presidenta - Begoña Gómez - recoñece que ten a esperanza de que haxa relevo para esta directiva que leva 36 anos en acción e converténdose así nuns dos referentes da música e do baile tradicional. Fonte

Comentarios