Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Deputación apoia con 80.000 euros a Mostra da Olería que pecha mañá a súa XXXV edición

A Deputación apoia con 80.000 euros a Mostra da Olería que pecha mañá a súa XXXV edición
oleria buno Durante esta fin de semana continúa a XXXV Mostra da Olería de Buño coas casetas abertas e unha boa variedade de actividades paralelas O deputado de promoción económica e emprego, José Luis García, e o alcalde de Malpica Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, asinaron onte un convenio de colaboración para financiar cunha achega de 80.000 euros o proxecto Mostra da Olería de Buño. Esta achega supón o 80% do orzamento total do evento, incluíndo os gastos en publicidade, material gráfico, alugueiro das carpas, dos espazos expositivos, e das actividades como eventos, animación ou actuacións, ademais dos gastos de persoal para a organización do encontro. Con esta colaboración, a Deputación da Coruña amosa o seu apoio a esta XXXV Mostra da Olería de Buño e impulsa este evento, ademais de coma un recurso cultural e turístico, como unha actividade rendible de futuro que repercute favorablemente como medio de desenvolvemento económico, social e xerador de emprego e riqueza non só a nivel local, senón tamén na provincia. Programación A Mostra da Olería de Buño, que cumpre a súa trixésimo quinta edición, que remata mañá, e está a desenvolver actividades coma roteiros turísticos, actuacións musicais, obradoiros e a mostra dos distintos tipos de artesanía tradicional da zona. Sábado, 28 de xullo
  • Tren turístico MOB: Malpica-Buño (12-14 e 17-21)
  • Ruta dos fornos guiada (17:30 a 20:00)
  • Queimada tradicional (21:30) con Galifunk, Fanfarria Taquikardia e Sesióndj LaSincereza
Domingo, 29 de xullo
  • Tren turístico MOB: Malpica-Buño (12-14 e 17-21)
  • 13:30 horas: Sesión vermú + Trópico de Grelos
  • 19:00 horas: Actuación da A.C. Xacarandaina
  • 20:30 horas: Clausura da MOB18
https://quepasanacosta.gal/a-xxxv-mostra-da-oleria-de-buno-abre-as-suas-portas/ Novas relacionadas Fonte

Comentarios