Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Escoliña de Malpica supera, con creces, a taxa de cobertura pública da UE

A Escoliña de Malpica supera, con creces, a taxa de cobertura pública da UE
Visita a Escola Infantil de Malpica Visita institucional á Escola Infantil de Malpica

Segue aumentando o número de prazas que alberga a Escoliña da Galiña Azul de Malpica. A escola entrou en servizo no ano 2015, con 28 pequenos. Pasaron a 35 en febreiro do presente curso 2017-2018, e de cara ao curso que vén vai acoller 41 nen@s. Unha cifra que pon a Malpica moi por riba da recomendación da Unión Europea, pois a taxa de cobertura pública para nenos de 0 a 3 anos nese concello coruñés é do 83,67% (a taxa de referencia é do 50%).

Esa oferta permite prestar servizo, ademais, non só ao concello de Malpica, senón tamén ofrecer recursos para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar a pais e nais doutros concellos da área que teñen elevada demanda de prazas, que carecen de escolas públicas -como Laxe- ou que non contan con centros da rede A Galiña Azul -como Cabana de Bergantiños-.

Obras

O Concello de Malpica realizará un investimento de 87.754,08 euros na mellora de vías en catro parroquias: Buño, Cerqueda, Barizo e Mens. O alcalde, Eduardo Parga Veiga, asinou o contrato coa empresa adxudicataria, Construcciones Dámaso Ferreiro.Os traballos, que se acometerán en canto o tempo o permita, teñen un prazo de execución de 3 meses, e están financiados con cargo ao POS+ 2017. Un dos proxectos, adxudicado por 47.454 euros, ten como finalidade o arranxo de vías nas parroquias de Buño e Cerqueda; mentres que os 40.300,08 euros restantes corresponden ao proxecto redactado para Barizo e Mens.

Fonte

  • Xunta.

Comentarios