Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A exposición de fotoxornalismo “Galicia en foco” chega ao centro cívico de Malpica

A exposición de fotoxornalismo “Galicia en foco” chega ao centro cívico de Malpica
A exposición, que se pode ver en horario de mañá e tarde, está composta polos traballos dos 27 fotoxornalistas A exposición, que se pode ver en horario de mañá e tarde, está composta polos traballos de 27 fotoxornalistas A exposición itinerante das obras do premio de fotoxornalismo Galicia en foco recala en Malpica.  O proxecto, creado no ano 1989 polo Club de Prensa de Ferrol, foi o primeiro movemento fotográfico tendente a reivindicar o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia, avalado pola numerosa participación de reporteiros que cada ano acoden a esta convocatoria. A mostra fotográfica serve así mesmo de recompilación e crónica anual do acontecer e sentir do pobo galego, recollido nas súas diversas facetas nos medios de comunicación. Tamén esperta o interese do público pola obra dos realizadores gráficos: que se coñezan os seus nomes, a súa profesionalización e a súa identificación coa Galicia contemporánea que eles mesmos documentan. A exposición, que pode verse no Centro Cívico en horario de mañá e tarde, está composta polos traballos dos 27 fotoxornalistas que participaron no certame. A imaxe gañadora deste ano, de Xoán A. Soler, retrata a dor no aniversario da traxedia de Angrois. O Club de Prensa de Ferrol acumula a través de xa 24 edicións un importante fondo documental fotográfico que supera as 1.500 fotografías que veñen ser a historia do recente xornalismo gráfico de Galicia.

Comentarios