Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Fiscalía mantén a acusación a tres dos investigados por suposto delito urbanístico no caso do edificio da Atalaia de Malpica

A Fiscalía mantén a acusación a tres dos investigados por suposto delito urbanístico no caso do edificio da Atalaia de Malpica
Edificio na Atalaia de Malpica, construido e abandonado, polo que se desenvolve o caso de suposto delito urbanístico-Foto-Diario Bergantinos Edificio na Atalaia de Malpica, construido e abandonado, polo que se desenvolve o caso de suposto delito urbanístico-Foto-Diario Bergantiños

Hoxe quedou visto para senteza o xuízo por presunto delito urbanístico de Malpica. Un terrible edificio de 34 vivendas na Atalaia construído e abandonado, provocaba a imputación (agora investigación) de ex alcalde e de 4 edís daquel entón un deles agora alcalde, pola concesión dos terreos, xa que unha parte deles tiñan calificación de solo rústico de especial protección costeira.

Hoxe quedaba visto para sentenza o caso, e a Fiscalía retiraba a acusación para o actual alcalde, Eduardo Parga (que naquel entón era concelleiro de Cultura), así como para a Secretaria municipal, Carmen Seoane Bouzas, e Antonio Pereira, coñecido como “O Rulo” (edil naquel tempo do PSOE).

Pero a Fiscalía mantén a acusación contra o ex alcalde, Jose Ramón Varela Rey, para o aparellador municipal, Juan Luis Arroyo Sobrino, e contra o ex concelleiro de AVE, Fernando Couto.

Segundo o avogado Ulises Bértolo, que representa neste caso a Fernando Couto, Antonio Pereira, Eduardo Parga e tamén ao Concello de Malpica (implicado en calidade de resposable civil subsudirario), a chave está na aprobación da modificación das normas subsidiarias urbanísticas do 2003, cando o pleno aprobou a variación de solo rústico a solo urbano. Unha modificación que permitía a aprobación da licencia do edificio en 2006.

Naquel pleno de 2003, non estaban Parga, Seoane e Pereira, polo que a Fiscalía retirou os cargos ao comprobar, despois dunha longa investigación, que non teñen ningún xénero de responsabilidade.

No caso de Varela Rey, Arrolo Sobrino e Fernando Couto, a Fiscalía mantén a acusación porque si estaban nese pleno que aprobou a modificación puntual urbanística. Unha aprobación que contou, segundo Bértolo, con todos os informes favorables da Xunta, do Estado e cos informes xurídicos e técnicos do Concello. “Fernando Couto votou en sintonía con todos os informes, el cumpriu a súa obrigación, polo que confío plenamente en que a sentenza haia unha sentenza absolutoria respecto a el”, sinala o avogado.

En principio saberemos a sentenza final nun par de dous meses, pero ca folga que vive actualmente o mundo da Xustiza, curiosamente pode que a sentenza saia máis rápido.

 

Novas relacionadas

Comentarios