Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Olería de Buño volve ao Festiletras

A Olería de Buño volve ao Festiletras
Trinta e duas pezas de Oleria de Buno usaranse como agasallos institucionais durante o Festiletras Trinta e dúas pezas de Olería de Buño usaranse como agasallos institucionais durante o Festiletras Xa está todo preparado para o Festiletras 2016 que arranca este domingo no Couto. Incluso os agasallos institucionais que serán nin máis nin menos que pezas de olería feitas en Buño. Así, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, fixo entrega onte ao seu homólogo de Ponteceso, Lois García Carballido, de 32 pezas de Olería de Buño que se utilizarán como agasallos institucionais durante a celebración das Festiletras. No acto, que tivo lugar no Forno do Forte, participaron tamén Paco Doval, xerente do Ecomuseo, onde foron elaboradas as pezas, e José María Varela, xerente do Padroado da Fundación Eduardo Pondal, organizadora dos actos conmemorativos do 17 de maio. O alcalde de Malpica entregoulle onte das pezas de oleria ao seu homologo pontecesan O alcalde de Malpica entregoulle onte das pezas de oleria ao seu homologo pontecesan José María Varela agradeceu “moitísimo” a colaboración do doncello de Malpica, que se vén repetindo dende hai cinco anos, porque “a Olería de Buño é un agasallo que a xente valora moito”. Fontes, tarteiras, chocolateiras... Todas as pezas doadas son tradicionais e “únicas, porque non hai dúas iguais”, destacou Eduardo Parga. Lois García Carballido agradeceu tamén a colaboración do concello de Malpica e avogou non só por mantela, senón por ampliala a outro tipo de iniciativas que contribúan a reforzar a comarca de Bergantiños como destino turístico.

Programa do Festiletras 2016

DOMINGO 15 DE MAIO INAUGURACIÓN NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 12.30 h. Ofrenda floral
  • 12.35 h. Himno de Galicia. Coral a Oliveira de Monte Branco.
  • 12.40 h. Entrega dos premios “Bos e Xenerosos”. ISABEL BLANCO, CARLOS NÚÑEZ, FINA CASALDERREY E XOSÉ LUÍS RABUÑAL.
  • Presenta. Patricia Blanco.
  • 13.00 h. GUADI GALEGO
NA CASA DOS VECIÑOS
  • 17.00 h. O CARRO. Corais de Cecebre, Cesullas, Corme e O Couto.
  • 19.00 h. MINI E MERO
  LUNS 16 DE MAIO NA CASA DOS VECIÑOS
  • 10.00-13.30 h. CONVIVENCIA ESCOLAR: CIENCIAS, LETRAS E ARTES. Alumnado do CEIP EDUARDO PONDAL. Convidad@s: DAVID BALLESTEROS, TAMARA LEMA, Mª XOSÉ POUSA, RICARDO PÉREZ. ODAIKO PERCUSIÓN
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 18.00 h. Clase maxistral de DAVIDE SALVADO
  • 20.00. Inauguración das exposicións de Vicki Rivadulla “Ser outra cousa” (pintura) e “Matria (escultura) ESCOITO CISNES:Recital poético aberto coordinado por Óscar de Souto.
NA TABERNA  AGRA DE MARES
  • 22.00 h. FOLIADA: O SON DO CASTRO, FARRAPOS  E  A OLIVEIRA. E Degustación gastronómica.
  MARTES 17 DE MAIO  NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 11.00 h. III Premio de Poesía Infantil Eduardo Pondal. Convidad@s: CONCHA BLANCO, DIANA VARELA, XELUCHO ABELLA E MARÍA CANOSA.
NA TABERNA AGRA DE MARES
  • 13.00 h. Sesión Vermú con TINO BAZ
NA CASA DOS VECIÑOS
  • 17.00-19.00 h. Iº CERTAME DE TEATRO INFANTIL XOSÉ NEIRA VILAS. Para as Aulas municipais de teatro de MALPICA, PONTECESO, CABANA e LAXE. RECREO e Obradoiro de caricatura con XOSÉ VIZOSO
  • 20:00 COMO QUEN DIS… Monólogo de QUICO CADAVAL Donativo: 3 euros.
  MÉRCORES 18 DE MAIO
  • 11.30 a 16.30 h. “VAL NATIVO” – ROTEIRO PONDALIANO. Casa de Pondal, Observatorio de Aves, Monte Branco e Valarés. Convidad@s: Cpi de Bembibre.
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 17.00 a 20.00 h.CAFÉ DA MEMORIA: Obradoiro da memoria colectiva “Os traballos das mulleres”. Coordina: Olalla Villaronga
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 21.00 h. PETISCOS MUSICAIS CON BIEITO ROMERO e A MUNDIÑA: Silvia Facal e Rafa Varela. Entrada gratuíta. Aforo limitado.
  XOVES 19 DE MAIO NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 12.00 h. HOMENAXE A MANUEL MARÍA. Maio de 1983. Casa dos Veciños.Miguel Mato.Recital poético da mocidade Alumnado do IES de Ponteceso
NA CASA DOS VECIÑOS
  • 17.00. “Os vellos non deben de namorarse” de FANTOCHES BAJ
  • 18.00. Salón de Baile cos GAITEIROS DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO.Chocolates “Mariño” e roscón de Brantuas.
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 21.00 h. PETISCOS MUSICAIS: TALABARTE + ARTABRIA: Irmáns Mato Bermúdez. Entrada gratuíta. Aforo limitado.
  VENRES 20 DE MAIO NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 10.30-12.30 h. “Festival dos soños”. Escolares de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe. “Todo me fala de ti” Espectáculo musical de UXÍA SENLLE e MAGÍN BLANCO.
  • 17.00 h. CARAMONIÑA. Aldeas creativas. Obradoiro de Maios a cargo de OLI XIRÁLDEZ
CASA DOS VECIÑOS
  • 23.00 h.  Monólogos de CARLOS BLANCO.. Donativo: 3 euros.
  SÁBADO 21 DE MAIO Na ALDEA DO COUTO
  • 10.00-14.00 h. Os Maios percorren a aldea con  Oli Xiráldez
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 10.30-12.00 h. IIIº Encontro de Aldeas Singulares Panel de experiencias
  • 12.30-14.00 h. Buscando Ardebullo
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
  • 17.00-20.00 h. COVA CÉLTICA:Encontro de Rexubeir@s / Obradoiro de treboada con Oli Xiráldez.
ALDEA DO COUTO
  • 20.00 h. As vésperas.  Pasarrúas INLLAR e Treboada.
NA CASA DOS VECIÑOS
  • 23.00 h. Concerto de SÉS. Donativo: 3 euros.
  DOMINGO 22 DE MAIO Mañá
  • Feira da artesanía
  • Mostra do libro galego
  • OS FONDAOS DO PÍFANO(bombeiros)
  • CE PANTASMA (home orquestra)
  • Sesión Vermú con CAXADE, os Festisabores e Vanessa Rivas (zanqueira)
Tarde
  • FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL, con Inllar, Malante e Adro.

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios