Venres. 29.03.2024
El tiempo

A parroquia malpicá de Leiloio mellora a súa rede de saneamento

A parroquia malpicá de Leiloio mellora a súa rede de saneamento
Concelleiro e alcalde visitando as obras de saneamento no Vilar-Malpica Concelleiro e alcalde visitando as obras de saneamento no Vilar, en Leiloio, Malpica

Sempre dicimos que o saneamento é un dos máis graves problemas medioambientais de Galicia. Por iso, cada obra de acondicionamento, de separación de augas residuais e pluviais, parécenos fundamental.

Nesas están por Malpica, onde xa teñen moi avanzadas as obras de saneamento do Vilar, na parroquia de Leiloio, que están incluídas no POS 2015. O alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro de Obras, Servizos e Seguridade, Miguel Fernández, desprazáronse ata o lugar para supervisar os traballos, que son executados pola empresa Obras Ramón Cotelo, SL, cun orzamento de 30.139,51 euros.

No POS deste ano tamén figuran o proxecto de pavimentación e infraestruturas en Barizo, Porto do Fondo, Beo, Santiso, Aldeola e Cerqueda, cun orzamento de 69.056 euros, e a pavimentación da rúa Canido, por 64.887 euros, que xa está practicamente rematada e pendente do pintado e a sinalización.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios