Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Punta Nariga nocturna de Daniel Llamas segue colleitando recoñecementos

A Punta Nariga nocturna de Daniel Llamas segue colleitando recoñecementos
Punta Nariga finalista no Epson Pano Awards

Esta foto xa recibiu unha mención Honorable no IPA Awards. E parece que a visión nocturna da Punta Nariga baixo a Vía Láctea gusta no mundo da astrofotografía. O herculino Daniel Llamas vén de saber que esta foto está entre as 50 finalistas nun concurso con tanta relevancia como The EPSON International Pano Awards.

Llamas, que sente a Costa da Morte como “a súa terra”, e recorda que esta foto é “alegoría da triste sociedade na que vivimos, na que só importa o rápido, o inmediato”, por iso nos invita a relaxarnos e mirar as estrelas, nesta zona na que podemos facelo.

O Roncudo

Faro Roncudo-Daniel Llamas Panorámica do Faro Roncudo-Daniel Llamas

E de regalo, Llamas ofrécenos dende o seu Enfoque Nocturno, lévanos ata o lugar onde está “posiblemente, o mellor marisco do miundo”. Llamas quere facer unha homenaxe a eses percebeiros que arriscan a vida para coller este tesouro do mar, retratando “estas cruces, levantadas en honor a los pescadores muertos a los largo de A Costa da Morte, es mi pequeño homenaje”.

Recoñece que “aínda que a foto transmita paz baixo este ceo estrelado, o vento zoaba forte e o mar batía violento como as rocas. Se de verdade queredes sentir a Costa da Morte, achegádevos a ela en inverno, é desapacible, pero á vez fermosa”, recoñece.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios