Venres. 19.04.2024
El tiempo

A UD Cerqueda doa alimentos para vinte familias de Malpica

A UD Cerqueda doa alimentos para vinte familias de Malpica
peton-ud-cerqueda-malpica Representantes da UD Cerqueda entregaron os alimentos a membros do goberno de Malpica Un ano máis, e xa van tres, a Unión Deportiva Cerqueda quixo destinar a recadación do torneo Solidario Os Petóns ao banco de alimentos do concello de Malpica de Bergantiños. Despois de interesarse polos produtos máis necesarios para as vinte familias usuarias do servizo municipal, representantes do club veñen de entregalos no banco de alimentos, nun acto simbólico no que participaron tamén o alcalde, Eduardo Parga; a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco, e o primeiro tenente de alcalde, Miguel Fernández. A UD Cerqueda renova deste xeito o seu compromiso social, porque unha das máximas da entidade é conseguir que o fútbol traspase o ámbito puramente deportivo para entrar tamén no ámbito social. Deste xeito, no 2015 iniciouse unha colaboración estable entre a entidade deportiva e o banco de alimentos do concello de Malpica da que se verá unha nova mostra no Nadal. Novas relacionadas Fonte

Comentarios