Adxudicadas por 43.681€ as obras de mellora na travesía da Camuza de Malpica
08:05 05/10/16
O ano pasado remataron as na 2ª travesía da Camuza de Malpica
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, asinou coa empresa Construcciones López Cao o contrato correspondente ás obras de mellora das infraestruturas na travesía da Camuza, incluídas no POS 2016. O investimento acada os 43.681 euros, e permitirá seguir mellorando os servizos, a circulación e a seguridade viaria nesa zona, moi transitada.
Con cargo ao POS este ano acométense no noso concello proxectos de mellora da rede viaria por preto de 110.000 euros. A empresa Construcciones López Cao tamén foi adxudicataria das obras de conservación e mantemento do firme en Escras e Mens, Oratorio e Badarra; mentres que as pavimentacións nas Pozacas, Filgueira, Castro, Leiloio e Pedrairiña foron adxudicadas a excavaciones Cernadas Valiña.
Novas relacionadas
- As obras da senda peonil entre Xornes, Buño e Canta La Rana arrincarán este anof
- Malpica destina máis de 65.000 euros á mellora do alumeado público de Buño
- Malpica mellora a eficiencia enerxética de 140 luminarias
- Malpica presume de alumeado eficiente
- As obras do POS da Deputación en cada concello
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica