Mércores. 17.07.2019
El tiempo

Albíscase unha potentísima XII Festa Galega de Malpica

Leilía, De Vacas, Xosé Lois Romero & Aliboria e Os do fondo da barra serán os pratos fortes da XII Festa Galega de Malpica

De Vacas xa pasan do medio millón de visitas do seu Amodiño
De Vacas xa pasan do medio millón de visitas do seu Amodiño
Albíscase unha potentísima XII Festa Galega de Malpica

Este verán a música tradicional galega volverá a inunda as rúas de Malpica con motivo da celebración da XII Festa Galega, que terá lugar os días 16 e 17 de agosto. Unha festa que conxuga o mellor da música galega contemporánea, que este ano estará representada por bandas como Leilía, De Vacas, Xosé Lois Romero & Aliboria ou Os do fondo da barra.

Non serán os únicos que convirtan Malpica no epicentro da música folk durante toda unha fin de semana. Pronto chegarán máis novidades, pero cómpre ir reservando a data. 

Leilía tocarán o venres 16 de agosto. O sábado 17 celebraranse os outros tres concertos, nos que reuniremos estilos moi diferentes da música galega de hoxe e de sempre. 

Comentarios