Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Malpica demanda melloras concretas de seguridade viaria en varios puntos do termo municipal

Rotonda de Buno un dos puntos negros do Concello de Malpica
A Rotonda de Buño, un dos puntos negros do Concello de Malpica
Malpica demanda melloras concretas de seguridade viaria en varios puntos do termo municipal

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, reuniuse esta mañá con José Antonio Álvarez, xefe territorial de Mobilidade e Infraestruturas da Xunta de Galicia, para plantexar a posibilidade de realizar unha serie de intervencións no termo municipal, co obxectivo de aumentar a seguridade viaria no municipio.

O rexedor e o edil de Obras, José Ángel Garrido, transmitiron as inquedanzas por varios temas ao longo de toda a contorna municipal. En primeiro termo, falouse das necesidades de aumentar a sinalización na recta de Filgueira, así como a instalación de elementos que poidan garantir a seguridade dos viandantes.

Un segundo punto que se tratou na reunión foi o da rotonda de Buño, lugar que a veciñanza emprega para acudir, por exemplo, ao Centro Médico. Polo tanto, deberiase contar con elementos que garantan a seguridade tanto de peóns como de condutores.

Outro tema fundamental que se tratou nesta reunión foi o relativo aos centros educativos de Buño e do Milladoiro. Os membros do goberno local de Malpica trasladáronlle a José Antonio Álvarez a súa preocupación polo estado actual das infraestruturas de seguridade, ao que o xefe territorial se comprometeu a estudar un proxecto, co obxectivo de protexer ao alumnado.

Comentarios