Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Asociación de Hostalaría de Malpica busca axuda na Deputación

Hostaleria de Malpica na Deputacion
A Asociación de Hostalaría de Malpica busca axuda na Deputación

Levou o Concello á Deputación aos representantes da Asociación de Hostalaría de Malpica, para buscar conxuntamente sinerxias para dinamizar o sector. Antonio Leira, titular de Economía, Facenda e Persoal, recibiunos nunha xuntanza de carácter orientativo e de asesoramento.

Os hostaleiros consultaron a viabilidade dunha serie de propostas coas que reactivar e potenciar a súa actividade económica.

Dende a Deputación sinalaron que a xa formada asociación (que conta con 60 socios) pode optar a subvencións coas que sufragar, por exemplo, cursos formativos para os seus traballadores ou outras accións conxuntas de promoción.

Comentarios