Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aspaber estrea novo equipo de limpeza para Malpica

Aspaber estrea novo equipo de limpeza para Malpica
Equipo de Limpeza de Aspaber en Malpica Equipo de Limpeza de Aspaber en Malpica O centro especial de emprego Aspaber resultou adxudicatario do servizo de limpeza viaria no Concello de Malpica para os próximos dous anos por un importe de 82.031,49 euros. E esta fin de semana fixeron a presentación do novo equipo. O servizo de limpeza está integrado por un mínimo de 4 persoas e dispón, entre outros medios materiais, de hidrolimpadora, equipo soprador, carriño porta-caldeiros de limpeza e desbrozadora. As súas funcións xerais consisten na limpeza de rúas, prazas e paseos da vila, incluíndo o varrido, baldeo e desatasque de tragantes, así como na eliminación de maleza en pavimentos. Tamén lle corresponde o baleirado de sumidoiros ou rexiñas, a limpeza de papeleiras, a eliminación de herbas nos alcorques, a limpeza e retirada de excrementos da vía pública, o baldeo de rúas ou a limpeza de vías e espazos onde se celebren festas nas distintas parroquias. Nos labores de varrido manual os operarios deberán prestar unha atención especial aos espazos nos que se sitúen os contedores, os accesos aos colexios, as zonas nas que haxa bancos ou mobiliario público e aquelas nas que se acumulen residuos de calquera tipo. Ademais desas tarefas xerais, o contrato inclúe outros traballos puntuais, entre os cales figuran a limpeza de solares municipais, a retirada de chicles da vía pública, a eliminación de pintadas ou as limpezas extraordinarias en caso de accidentes ou de fortes choivas ou desprendementos de terra. Tamén figura un apartado específico para o mercado dos sábados, no que o servizo de limpeza realizará o varrido, baldeo, soprado e baleirado de papeleiras. Os ríos de lavar, por exemplo, limparanse 3 días ao ano; a Fonte Vella de Malpica, 8 veces no ano; os parques infantís, unha vez ao mes, e as áreas de ocio, tres veces ao ano. O centro especial de emprego Aspaber renova a súa vinculación co Concello, xa que dende mediados do ano 2013 levaba desenvolvendo tarefas de limpeza viaria en Malpica

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios