Venres. 07.05.2021
El tiempo

As augas das praias de Malpica, de calidade "excelente"

Praia de Seiruga-Malpica
Vista aérea da Praia de Seiruga
As augas das praias de Malpica, de calidade "excelente"

Aínda non fixo público o Sergas o mapa da calidade das augas 2021. Pero xa informou aos Concellos dos resultados das análises que determinarán que praias nonserán aptas para o baño este verán. Polo de pronto, sabemos que como o 90% das praias da comarca, as Carballo son de calidade excelente, como as de Malpica, como vén de anunciar o Concello.

O Sergas analiza as augas das praias malpicás de Seiruga e Area Maior que sacaron a mellor nota para este curso.

Coa análise da auga preténdese detectar a presenza de calquera vertido ou bacteria que poida resultar prexudicial á hora do baño.

Desde o goberno local destacaron a importancia “dos resultados a nivel sanitario e tamén no eido económico polo gran atractivo dos nosos areais de cara a chegada de visitantes”.

Novas relacionadas

comentarios