Venres. 29.03.2024
El tiempo

#AxendaCostadaMorte: Primeiras festas do 2014

#AxendaCostadaMorte: Primeiras festas do 2014

Sempre toca baixón ao comezo de ano. A costa de xaneiro faise dura, e iso tamén o nota a Axenda costeira. Pero antes do repaso, vemos como vén o parte da man de 4gotas:

A fin de semana na Costa da Morte presentase con moitas nubes. O día que menos haberá será o sábado. Pero imos por partes.
O venres será un día de ceos grises pero sen chuvias, como moito algún orballo illado. As temperaturas serán suaves todo o día.
O sábado abriranse claros, non choverá en ningún punto da Costa. Pola mañá irá fresco, pero ao mediodía acadaranse os 15ºC.
O domingo, chegan os cambios. Aumentará o vento do sur na madrugada, chegará a ter refachos de 90-100km durante a mañá e tamén chegarán as chuvias. A día de hoxe, o máis probable é que cheguen durante a mañá, caian con intensidade no mediodía e sexan intermitentes na tarde, cando tamén calmará o vento.


E xa en matria, se ben non hai demasiadas cousas, a boa nova é que xa estreamos a listaxe de festas, e o facemos con 3 días de troula nas Festas de Seaia. A parroquia malpicá trae nada menos que a París de Noia para inaugurar as citas verbeneiras do 2014.

Ademais, destacamos a presentación dun libro sobre naufraxios en Malpica para a tarde do sábado, e o concerto de "Perversións" en Cee.

Máis información

Fonte

Comentarios