Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Biblioteca de Malpica reabre o servizo de préstamo con cita previa

A Biblioteca de Malpica está no Centro Cívico
A Biblioteca de Malpica reabre o servizo de préstamo con cita previa

O Concello de Malpica volve a abrir a biblioteca municipal co servizo de préstamo logo da declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo.

Poderase acoder mediante cita previa en horario de 10:00 a 13:30 horas.

Haberá dispoñible na entrada xel hidroalcólico e os libros devoltos deberán entregarse nunha bolsa pechada, para a súa posterior posta en corentena, tal e como marcan os protocolos.
Tal e como se vén advertindo desde a semana pasada, será imprescindible empregar mascarilla sanitaria, e queda prohibido polo momento o uso dos ordenadores. Os teléfonos de contacto son o 981 70 71 04 e o 696 16 11 87.

Comentarios