Martes. 21.05.2019
El tiempo

Buño lembrou a Milucho e Malpica tocoulle o seu novo himno a Tino e Manolito

Buño lembrou a Milucho e Malpica tocoulle o seu novo himno a Tino e Manolito
Sentidas homenaxes en clave futboleira as que se viviron esta fin de semana nas dúas parroquias malpicás.

Homenaxe en Buño

Emilio recibindo o trofeo de homenaxe ao seu pai Milucho Emilio recibindo o trofeo de homenaxe ao seu pai Milucho Emotiva homenaxe, organizada por Amigos de Emilio Calvo Pan, máis coñecido por Milucho, en colaboración co Concello de Malpica a peña Madridista de Culleredo e o Buño SCD. Todos lembraron aquela persoa tremendamente implicada co pobo de Buño e como non co club de fútbol, no que foi xogador, entrenador e directivo. Fiel seguidor do equipo asistía a Xaviña e desprazábase a todos os campos ver o seu fillo Emilio, eterno capitán, e animar o seu equipo. Despois dun bonito discurso, xogouse un partido amigable entre o Buño e unha selección de xogadores da Costa (Cerqueda, Malpica, Cabana, Seaia). O resultado foi 2-2, polo Buño marcaron Gurita e Richard e polos visitantes Maradona e o xa retirado Victor que exerciu de capitán visitante e non faltou a súa cita co gol, no campp que tantos marcou durante máis de 20 anos. O partido foi dirixido polo veciño Marcos Ordoñez. Choveu a cantaros no campo de Xavina Choveu arreo no campo de Xaviña Tarde bonita é moi emotiva, que quedou un poquiño deslucida pola chuvia intensa que acompañou toda a tarde. Paralelamente o Buño afronta unha importante asemblea este xoves para escoller nova directiva.

Homenaxe musical en Malpica

A SCD Malpica homenaxeando a Tino e Manolito-Foto-Irina Baston A SCD Malpica homenaxeando a Tino e Manolito-Foto-Irina Bastón Cartel da homenaxe a Tino e Manolito da SCD Malpica Cartel da homenaxe a Tino e Manolito da SCD Malpica 200 persoas achegáronse ao Cwentro Cívico de Malpica para a homenaxe que a SCD Malpica quixo render a Tino (Celestino Chouciño, 1954-2016) e Manolito (Manuel García Vázquez, 1926-2016). Dúas persoas que tanto deron polo clun e que merecían esta homenaxe. A homenaxe serviu para presentar o “Ondas do Mar”, o novo himno do club malpicán. Un himno que comezara precisamente Tino antes de falecer, e que Carlos Fidalgo completou. No acto, tocaron en playback varias cancións, entre elas a Malpicana e “o himno do Malpica”, que comeza con un “As nosas cores azul e branca”. A directiva, dirixida por Manuel Suárez Cotelo e Fernando Pombo, aproveitou este acto para despedirse.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/revolucion-no-mundo-das-directivas-do-futbol-da-costa/

Fonte

Comentarios