Venres. 29.03.2024
El tiempo

Buño lembrou o compromiso e a cálida personalidade do mestre Francisco Durán

Buño lembrou o compromiso e a cálida personalidade do mestre Francisco Durán
Homenaxe en Buno-Malpica a Francisco Duran 2-Foto-Criss Becerra Homenaxe en Buño a Francisco Durán -Foto-Criss BecerraPaco Duran mestre en Buno Así era Paco Durán

Emotiva a homenaxe que lle brindou a comunidade educativa a un deses mestres que xa non se atopan. Chegou aló polo ano 1971 a Buño, e aínda seguía ao pé do cañón, participando en cada actividade do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño coma o primeiro día. Deixábanos o pasado mes de abril, pero os seus centos de alumnos, e ducias de compañeiros, quixeron renderlle unha homenaxe este pasado domingo.

Francisco Durán, natural de Santa Comba, levaba exercendo 46 anos a labor de mestre nos centros de Malpica. Podedes imaxinar a cantidade de xeracións de Buño, Cambre e Leiloio que pasaron polas súas mans, tendo en conta que mesmo a día de hoxe xa hai netos dalgún alumno seu.

Primeiro tiña lugar un funeral, e posteriormente a comitiva trasladouse ata o centro educativo onde se destapou un monolito cunha placa co seu nome.

Tanto o alcalde Eduardo Parga como o director do centro Fernando Quintela resaltaron a personalidade afable e cercana do mestre. “Era unha persoa tremendamente querida no entorno de Buño porque era unha persoa moi comprometida co seu pobo que deixou unha forte pegada na xente”, recoñecía Parga.

Falaron tamén representantes dos alumnos e dos mestres, os seus compañeiros, que foron contando como evolucionou o centro dende que el chegara. O propio director destacaba nas súas "palabras para Paco" que “era un profesor valoraba por encima de todo o traballo e o esforzo dos rapaces, e amosaba unha gran preocupación da evolución da súa vida persoal”.

Quintela recoñece que “xa non é habitual atopar esta clase de persoas nos centros, que fican tan comprometidos no seu primeiro destino. Aínda este ano, a cada mestre novo o levaba por toda a zona ensinándolle a nosa realidade”.

Homenaxe en Buno-Malpica a Francisco Duran-Foto-Criss BecerraHomenaxe en Buno-Malpica a Francisco Duran-Foto-Criss Becerra Foto de Criss Becerra do monolito a Paco Durán

Fonte

Comentarios