Domingo. 15.12.2019
El tiempo

A 'Cea das letras 2019’ coñecerá a obra gañadora do XIV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

A 'Cea das letras 2019’ coñecerá a obra gañadora do XIV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Malpica celebrará este sábado, 30 de novembro, a ‘Cea das letras 2019’, un evento no que as persoas alí presentes serán agasalladas co libro ‘Marco Livorno’, de Mario Regueira.

Este evento terá lugar na Casa da Cultura de Seaia, ás 21:30 horas, e servirá tamén para coñecer o fallo do XIV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. O prezo da cea será de 15 euros e pódense facer reservas nos teléfonos 649 507 285 e no 981 707 104.

O evento está organizado polo Concello de Malpica e pola Asociación Cultural Caldeirón.

Comentarios