Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cerqueda demostrará que hai canteira tradicional coa I Foliadiña

Cerqueda demostrará que hai canteira tradicional coa I Foliadiña

Por séptimo ano consecutivo, Cerqueda acollerá a VII Foliada que Raigañas celebrará este sábado 31 de marzo a partir das 22:00 da noite nas Escolas das Pozacas. Coma tódolos anos haberá carpa e este ano está confirmada a presencia dos seguintes grupos: Fol de Veneno, Media Ducia, Ferrado e Medio, Lume na Cachela, Pandereteiras de Xornes, gaiteiros de Xornes, Xiradela, Malante, etc. polo que a festa está asegurada e a música e o baile tamén, é unha cita á que non podereres faltar.

Coma sempre o palco estará dispoñible para todo aquel que queira subir a cantar, bailar ou tocar. Este ano como novidade celebrarán a primeira edición da Foliadiña, na cal os máis pequenos poderán demostrar que a música tradicional non está en declive e hai canteira que a vai manter por moitos anos, polo que todo aquel grupo de nenos/as que queira asistir pode facelo e pasar un anaquiño divertido.

 

Haberá empanada, callos, tarta larpeira e viño do país para cear por un módico prezo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa das Raigañas de Cerqueda.

Comentarios