Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Comezaron as obras de humanización da rúa Igrexa de Malpica

Obras de humanizacion da rua da Igrexa de Malpica
Obras de humanización da rúa da Igrexa de Malpica
Comezaron as obras de humanización da rúa Igrexa de Malpica

Continúa a política de peonización do casco urbano de Malpica. Faino agora coas obras de humanización da rúa Igrexa, cos que se lle outorgará o protagonismo ao peón fronte ao tráfico rodado neste espazo que dá acceso á igrexa parroquial de San Xulián. O proxecto conta cun orzamento de 85.459,72 euros.

A obra inclúe, ademais da renovación da calzada, a retirada do mobiliario existente e a instalación dunha nova rede separativa de saneamento e de abastecemento de auga.

Comentarios