Domingo. 28.02.2021
El tiempo

Comezaron as obras de mellora do firme das estradas de Raxeira a Tremoa, de Leduzo e de Filgueiras a Loroxo

Obras en Malpica
O alcalde Walter Pardo visitou as obras
Comezaron as obras de mellora do firme das estradas de Raxeira a Tremoa, de Leduzo e de Filgueiras a Loroxo

En marcha as obras de mellora na capa de rodadura en varios camiños do termo municipal de Malpica. Os camiños de Raxeira a Tremoa, no de Leduzo e no de Filgueiras a Loroxo, situados nas parroquias de Leiloio, Cambre e Cerqueda, serán renovados, cunha limpeza de cunetas para a formación de ambas marxes, así como o perfilado de taludes. Para adecentar o sobreancho, executaranse as excavacións de gabias en terra.
Realizarase un bacheo de firme asfáltico e procederase ao pintado das marcas viais correspondentes. Analizarase tamén as intervencións nas arquetas, tapas e sumidoiros, procedendo a incrementalas ou disminuilas segundo corresponda.

As obras contan cun orzamento de 154.634,31 euros.

comentarios