Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Concello e Asociacións arman un completo plan de Nadal en Malpica

Concello e Asociacións arman un completo plan de Nadal en Malpica
Nadal en Malpica

Temos de Nadal e por Malpica xa teñen armado un gran programa. Concello e Asociacións únense para traer un programa completísimo. Un programa que xa comezaba co Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal, que deparou que sexa un debuxo de Papa Noel de Elena Blanco, alumna de 6º do CEIP Joaquín Rodríguez Otero o que sirva para ilustrar o cartel do Nadal.

Aí están as Asociación Cultural Malante, Asociación Cultural Raigañas, Asociación Cultural Carcaxía, Asociación Cultural e Deportiva San Xulián, ANPA Ventorrillo, ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero, A. VV. Pobo Alfareiro, Asociación Veciñal e Cultural Viradeira de Buño, A. C. A Feira, A. V. S. O Brizo, Asociación Veciñal Río de San Antonio, A. VV. de Leiloio, Asociación de Amigos da Mikaela, CEIP Milladoiro,  CEIP JRO, CRA Nosa Señora  do Faro e A Galiña Azul de Aldeola.

No programa xa tiveron lugar varios obradoiros e mesmo unha festa infantil con chocolatada en Leiloio. Pero as actividades continúan sen parada ata a chegada dos Reis:

Día 19 de Nadal (martes) • Obradoiro de adornos de Nadal de 14.10 h. a 15.10 h. nas Escolas Vellas de Buño. Para rapaces/as de 3 a 16 anos. Organiza: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. • Obradoiro de Adornos de Nadal, no local da Ludoteca Municipal, Abriranse 15 prazas para nenos/as de 3 a 11 anos. Organiza: ANPA Milladoiro. Horarios: de 16.00 h. a 18.00 h. Inscricións: os días 15 e 18 de decembro, de 9.00 h. a 10.00 h. no local da ANPA no CEIP Milladoiro. Día 20 de Nadal (mércores) • Os Reis Magos visitarán o CEIP Milladoiro de Malpica ás 10.30 h. Colabora: CEIP Milladoiro. • Obradoiro de Adornos de Nadal, no local da Ludoteca Municipal, Abriranse 15 prazas para nenos/as de 3 a 11 anos. Organiza: ANPA Milladoiro. Horarios: de 16.00 h. a 18.00 h. Inscricións: os días 15 e 18 de decembro, de 9.00 h. a 10.00 h. no local da ANPA no CEIP Milladoiro. Día 21 de Nadal (xoves) • O Carteiro Real visitará o CEIP Joaquín Rodríguez Otero ás 10.00 h. • O Carteiro Real visitará a Galiña Azul ás 11.15 h. • Carteiro Real visitará a Escola de Mens ás 12.00 h. • Carteiro Real visitará a Escola de Barizo ás 12.30 h. • Representación do Murmuio do mar da compañía A Xanela do Maxín, ás 11.00 h. para alumnos/as do CEIP Milladoiro, no Auditorio do Centro Cívico e Chocolatada, ás 12.00 h. no Patio do CEIP Milladoiro. Organiza: ANPA Ventorrillo. • Papa Noél visitará o CEIP Joaquín Rodríguez Otero de 12.00 h. a 13.15 h. Organiza: ANPA Xaviña do CEIP J.R.O. Día 22 de Nadal (venres) • Colocación Familiar dos Adornos na árbore de Nadal, no local da Ludoteca Municipal das 11.00 ás 12:30 horas. A cargo dos participantes nos obradoiro de Adornos de Nadal das ANPAS e o Obradoiro de Manualidades do Concello de Malpica. Organizan: ANPA Ventorrillo do CEIP Milladoiro, ANPA Xaviña do CEIP J.R.O. e Concello de Malpica de Bergantiños. Día 23 de Nadal (sábado) • Actuación do Mago Alex ás 16.30 h. na Casa da Cultura de Seaia. Organiza: A. C. Carcaxía • O Apalpador visitará os nenos as 17.30 h. na Casa da Cultura de Seaia. Organiza: A. C. Carcaxía. • Nadal Xogo: Festa Infantil con inchables das 17.30 h. ás 20.30 h. na Casa da Cultura de Seaia. Colabora: A. C. Carcaxía. Día 24 de Nadal (domingo) • Pasarrúas de Panxoliñas das cantareiras da A. C. Malante a partir das 18.00 h. pola vila de Malpica. • Papá Noel entregará os regalos ós rapaces ás 18.30 h. na Fonte da Praza Anselmo Villar Amigo. Organiza: A. C. Malante. Día 26 de Nadal (martes) • Nadal Xogo: Festa Infantil con inchables e chocolatada das 16.30 h. ás 19.30 h. no Pavillón Polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño. Colabora: ANPA do CEIP J.R.O. Día 27 de Nadal (mércores) • Nadal Xogo: Festa Infantil con inchables das 16.30 h. ás 19.30 h. no Pavillón Polideportivo de Malpica. É imprescindible levar calzado axeitado para estas instalacións. Colabora: ANPA Ventorrillo. Día 28 de Nadal (Xoves) • Visita ó Silleda Park. Saída de Buño ás 15.00 h. Para rapaces/as de 3 a 99 anos. Prezo: 10,00 €. Inscricións ate o 20 de decembro no 667 458 481. Organiza: ANPA JRO. Día 29 de Nadal (venres) • Nadal Xogo: Chocolatada e Festa infantil das 17.00 h. ás 20.00 h. no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas. Día 30 de Nadal (sábado) • Nadal Xogo: Festa infantil con inchables das 16.30 h. ás 19.30 h. na Escolas de Pontella. Colabora: ACVS O Brizo de Vilanova. Día 31 de Nadal (Domingo) • 2ª San Silvestre Malpicana, Sáida ás 12.00 h. da Fonte da Praza Anselmo Villar Amigo. Percorrido: Fonte de Anselmo Villar – Mirador de Santo Hadrián- Fonte Anselmo Villar Amigo (incluirá brindis cun viño galego e txacolí na Praza Anselmo Villar Amigo). Inscricións de balde en Wata Boutique e nos teléfonos 620 927 729 (Walter) e 620 661 699 (Martu). Organiza: A. C. Malante. • Festa de Fin de Ano, a partir das 23.45 h., no Auditorio do Centro Cívico de Malpica amenizada polo Dúo Café, uvas, cava e cotillón. Día 5 de xaneiro (venres) • Os Reis Magos de Oriente chegarán a: Ruta 1 • Cambre, ás 17.30 h., saída do Local Sociocultural de Cambre. • Buño, ás 18.00 h., parada no Teleclube. Con chocolatada. • Cerqueda, ás 18.45 h., parada no Centro Sociocultural das Pozacas. • Malpica de Bergantiños, ás 20.00 h. ó Porto. Ruta 2 • Mens, saída do Centro Sociocultural de Mens ás 17.30 h. • Barizo, parada no Centro Sociocultural Barizo ás 18.00 h. • Seaia, parada na Casa da Cultura de Seaia, ás 18.30 h. • Vilanova, parada no adro da igrexa, ás 19.00 h. Día 6 de xaneiro (sábado) • Os Reis Magos de Oriente chegarán a: Seaia, ás 10.00 h. saída da Casa da Cultura e a continuación percorrido pola parroquia. Organiza: A. C. D. San Xulián A partir das 18.00 h. inchables no campo da festa. Organiza: A. C. D. San Xulián &Nbsp;

Nadal 17

Fonte

Comentarios