Xoves. 28.05.2020
El tiempo

O Concello de Malpica devolverá as cotas das taxas deportivas

O edificio do Concello porase azuis polo Día Mundial de Concienciación do Autismo

Outro concello que toma medidas sobre as taxas municipais é Malpica. O Concello de Malpica decidiu devolver o pago das taxas en materia deportiva durante o mes de marzo, comunicándolle ás persoas usuarias que non procede ao cobramento da parte proporcional das mesmas.

Devolveranse mediante dúas posibilidades: en primeiro lugar, si se decreta o fin do estado de alarma e se realizan as actividades no mes de maio, compensaranse coa cota dese mes. Por outra banda, si se dese a posibilidade da non reanudación das mesmas, o Concello iniciará un expediente de devolución de ingresos de oficio, que se fará efectivo nas contas polas que se cobraron os recibos.

Día Mundial do Autismo

Ademais, a fachada do Concello de Malpica tinguirase de cor azul con motivo do Día Mundial de Concienciación do Autismo, que se conmemora o vindeiro 2 de abril.

comentarios