Venres. 19.04.2024
El tiempo

O CEIP Milladoiro recibiu a felicitación do Concello de Malpica pola consecución do Premio por proxectos

Visita CEIP Milladoiro
Visita do alcalde, Walter Pardo, e a concelleira de Educación e Medio Ambiente, María Álvarez ao CEIP Milladoiro.
O CEIP Milladoiro recibiu a felicitación do Concello de Malpica pola consecución do Premio por proxectos

O Concello de Malpica quixo parabenizar ao CEIP Milladoiro pola consecución do Premio por proxectos que se lle outorgou recentemente ao centro, un galardón a nivel autonómico por “O mar que nos dá!”.

O alcalde, Walter Pardo, e a concelleira de Educación e Medio Ambiente, María Álvarez, visitaron na mañá de hoxe o centro escolar, no que puideron felicitar persoalmente ao seu corpo directivo, encabezado por Olga Rodríguez.

Este premio reflicte un traballo de moitos anos a un dos centros máis innovadores de toda Galicia. Este traballo por proxectos é un enfoque ambientado no modelo canadiense e australiano, no que os rapaces poden potenciar a creatividade con actividades como o deseño, a cociña ou a ciencia.

Walter Pardo, rexedor malpicán, destaca que “aledámonos moito non só polo labor que se está a desempeñar neste centro, senón porque é demostración de que un proxecto que se “sae da norma” pode funcionar, e pode facelo moi ben”, destaca Pardo. A concelleira de Educación, María Álvarez, sinala que “é moi importante para Malpica que un dos seus centros reciba recoñecementos a nivel de toda España, porque significa que as xeracións futuras teñen unha base de moita calidade”, destacaba Álvarez.

Comentarios