Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Confraría de Malpica necesita Gardapesca e biólog@

A Confraría de Malpica necesita Gardapesca e biólog@

A contrareloxo busca a Confraría de Malpica dous especialistas. Ata este 29 de agosto (ás 13:00h) o pósito malpicán ten aberto dous procesos de selección para un/unha Gardapesca marítimo e un/unha biólog@ (asistente técnica).

O posto de Gardapesca é cun contrato temporal (e con posibilidade de facer indefinido) a xornada completa e cómpre ter o título de Garda Rural.

O de biólog@ é a xornada parcial, e cómpre ter a licenciatura ou grado en Bioloxía, Bioloxía Mariña ou Ciencias do Mar. Tamén é contrato temporal pero con posibilidade de indefinido, ademais de ter posible recorrido dentro do centro.

Poden enviar a información a [email protected] ou pasar polo pósito de 9:00 a 14:00h.

Comentarios