Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Continúa aberto o prazo de inscrición para a III carreira pedestre de Malpica

Continúa aberto o prazo de inscrición para a III carreira pedestre de Malpica
Por terceiro ano consecutivo, o concello de Malpica organiza a Carreira Pedestre Concello de Malpica, que se celebrará o 8 de setembro a partir das 18.00 horas. Ademais do percorrido de 10 quilómetros para os nacidos no ano 2002 e anteriores, haberá outros adaptados a cada categoría: 3.200 metros para infantil (2005-2006) e cadete (2003-2004), 1.400 metros para alevín (2007-2008), 700 metros para benxamín (2009-2012) e 100 metros para benxamín (nacidos no 2013 e posteriores). A carreira principal sairá da praza de Anselmo Villar Amigo por Eduardo Vila Fano, rúa do Porto, Dársena, Camiño do Río, Eduardo Vila Fano, Guardia Pardines, Paseo da Praia, Canido, Cancela de Areas, Seaia, estrada da praia de Seaia, IES Urbano Lugrís, estrada de Santo Hadrián ata a capela, Camiño do Santo, Canido e Paseo da Praia, onde estará situada a meta. “Este traxecto permítenos combinar dureza, con varios cambios de superficie, e paisaxe, xa que as vistas durante o percorrido son espectaculares”, comentou o alcalde de Malpica, Eduardo Parga. Todos os participantes contarán con seguro, e ademais disporán de servizos de ducha e gardarroupa, avituallamento e un agasallo. O concello de Malpica porá a disposición dos participantes na carreira o pavillón polideportivo para que se podan cambiar e duchar, así como un servizo de gardarroupa no mesmo pavillón, onde tamén se recollerán os dorsais e chips o mesmo día 8 en horario de 10.00 a 13.00 e de 15.00 a 17.30. Inscricións A inscrición pode realizarse ata o día 4 de setembro na seguinte ligazón: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1535. A cota para a 10K é de 4 euros, un dos cales irá destinado á Asociación Española contra o Cancro. Os/as participantes que non teñan chip poderán alugalo por 1 euro. As carreiras das categorías infantil, cadete, alevín, benxamín e biberón son gratuítas. Fonte

Comentarios