Martes. 23.04.2024
El tiempo

Doce martes de Entroido por Malpica

Doce martes de Entroido por Malpica
Doces de entroido de Malpica 2018 Na primeira fila, de esquerda a dereita, o primeiro, segundo e terceiro premio da categoría Profesional. No medios, os gañadores en amateurs, e abaixo os infantís

Este pasado martes, Malpica viviu o tradicional Concurso Gastronómico de Doces de Entroido. Foi unha cita moi sabrosa e foron 23 os doces que se presentaron ao concurso e outros 4 a maiores de degustación que non concursaron.

Había tres categorías, profesional, amateur e infantil, pero a verdade é que todos estaban estupendos. O gañador da categoría profesional foi o Asador Alabrasa cun Doce de Ada (pastel de queixo e noces). Por detrás quedou o afamado restaurante As Garzas coa súa Torta light de laranxa, mentes que o terceiro posto levárono as Filloas de chocolate con cabelo de anxo, de restaurante O Cachón.

En Categoría amateur Isabel Camiño levou o primeiro premio unha exquisita Torta de chocolate branco con arándanos. Ana Rama levou o segundo cun Biscoito borracho e noces, e a Panacotta de améndoa con doce de leite, de Alba Villanueva, quedou en terceiro posto.

E xa nos peques, a impresionante presentación da Selva morada de Brais Casal, ademais do seu suave sabor, fíxoo merecedor do primeiro premio. Por detrás, a Tortilla de pan, de Mar Amado e as Rosquillas de anís, de Lino Souto Abella.

Isabel Camino recibe o primeiro premio Amateur do Concurso de Doces de Entroido de Malpica 2018 Isabel Camiño recibe o primeiro premio Amateur do Concurso de Doces de Entroido de Malpica 2018

Última traca de Entroido

Enterro da Mikaela de Buno 2018

Todo no marco dunha fermosa festa de entroido malpicán, que aínda ten a traca final esta fin de semana co sabatino Enterro da Mikaela e os domingueiros pasarrúas dos Madamitos e Ghuadineros e os Enterros do Farruco e do Faustino.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios