Venres. 19.04.2024
El tiempo

Incendiada unha casa abandonada en Malpica

Incendiada unha casa abandonada en Malpica
Incendio cunha casa abandonada en Malpica Incendio dunha casa abandonada en Malpica

Durante a pasada mañá de sábado os Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso, SMPC de Malpica e a Policía Local de Malpica tiñan que traballar arreo para sufocar un incendio nunha casa abandonada do Ventorrillo, en Malpica.

O incendio producíase ás 10:30h nunha casa en ruinas pero ao carón doutras vivendas. Cando se produxo o incendio, atopabanse no interior catro operarios traballando en labores de limpeza e desescombro da vivenda; dous deles son os propietarios do inmoble.

GES, Bombeiros e Protección Civil conseguiron extinguir o lume ás 12:00h. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais e os danos materiais foron cuantiosos, posto que a casa era das antigas e feita con bastante madeira e ladrillo e presentaba un estado ruinoso. Parte dos tabiques, tellado e vigas de madeira quedaron totalmente destruidos.

Accidente en Vimianzo

Así mesmo, ás 22:00h do pasado sábado, tivo lugar un accidente en Carantoña, Vimianzo.

Comentarios