Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Juliana Moscoso: “Queremos que Ataxia sexa unha enfermidade menos rara”

Lola Castro e Juliana Moscoso da Asociacion Galega de Ataxias en Malpica
Lola Castro e Juliana Moscoso, á dereita, da Asociación Galega de Ataxias en Malpica, xunto coa concelleira e o alcalde malpicán
Juliana Moscoso: “Queremos que Ataxia sexa unha enfermidade menos rara”

Este pasado sábado, unha expedición da Asociación Galega de Ataxia visitou o mercadillo de Malpica no marco da súa campaña de divulgación e recaudación. Unhas citas que serven para que máis e máis xente coñeza esta doenza, sobre todo a Ataxia que leva o nome da nosa comarca; e que tamén serven para recadar fondos para a súa investigación.

”A xente reacciona moi ben. En Malpica ao principio quedaban un pouco asustados, pero agora a xente xa coñece a doenza, e se achegan a preguntar. Tamén pasan pasan por aquí familiares, e fan a súa pequena aportación para a investigación”, explica Juliana Moscoso, presente na mesa informativa xunto a Lola Castro. “Aínda que sexa unha enfermidade rara, queremos que sexa o menos rara posible”, explica Moscoso.

Sen parada xa preparan a cita deste mércores 25. Porán unha mesa informativa no Cantón Pequeno da Coruña, para despois acompañar a Manuel Rey Pan no edificio Abanca, nunha nova presentación do libro “El mal sin cura de la Costa da Morte, SCA36”, que xa pasou por lugares como Corcubión ou Carballo.

O libro El mal sen cura da Costa da Morte na Coruna

Novas relacionadas

Comentarios