Mércores. 22.05.2019
El tiempo

Leiceaga critica en Bergantiños os recortes de verán da Sanidade Pública Galega

Leiceaga critica en Bergantiños os recortes de verán da Sanidade Pública Galega
Leiceaga en Carballo

Visitou de urxencia Carballo o portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acompañado da deputada Loli Toja e o portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado. E fíxoo para poñer o foco sobre as graves consecuencias dos recortes no servizo de Pediatría de Bergantiños e a negativa do goberno galego a cubrir as baixas de vacacións destes profesionais. Onte mesmo familias de Coristanco concentrábanse ás portas do Concello, despois de que pasara o mesmo en Malpica e Zas nas últimas semanas.

Fernández Leiceaga anunciou unha ofensiva parlamentaria socialista (co asunto da comarca entre os argumentos) para dar unha chamada de atención sobre as graves consecuencias da xestión do goberno galego, que ten cruzado “tódalas liñas vermellas” con este servizo. Criticou que os recortes “superan todo o racional” no caso de Carballo, onde este verán poden acumularse ata 2.000 pacientes pediátricos por médico, o doble da ratio recomendada.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/malpica-sae-a-rua-para-protestar-contra-os-recortes-do-servizo-de-pediatria-do-veran/ https://quepasanacosta.gal/zas-continua-sen-pediatra-a-pesar-das-excusas-do-pp/ https://quepasanacosta.gal/o-alcalde-de-carballo-transmitelle-ao-xerente-de-xestion-integrada-do-sergas-a-necesidade-de-mais-pediatras-no-centro-de-saude/

Comentarios