Venres. 29.03.2024
El tiempo

Licitadas as obras da senda peonil entre Xornes, Buño e Canta la Rana e do polígono de Bértoa

Licitadas as obras da senda peonil entre Xornes, Buño e Canta la Rana e do polígono de Bértoa
Etel Vazquez cos responsables municipais de Malpica Malpica. A Coruña
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, manterá unha xuntanza de traballo co alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, para abordar actuacións de interese municipal.
23/09/2016
Foto Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Anunciaba o pasado venres a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, a licitación de dúas novas obras na zona. Primeiro reuniuse co alcalde de Malpica, Eduardo Parga, para comunicarlle que hoxe comeza a contratación das obras da senda peonil e ciclista entre Xornes, Buño e Canta La Rana, coa publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia. Isto posibilitará que os traballos se inicien no primeiro trimestre de 2017 ( hai apenas dous meses aseguraba a Xunta que arrincarían en 2016) e que estean rematados antes de que finalice o ano. Neste enlace ao DOG pódense consultar as licitacións.

Esta actuación permitirá facer os percorridos habituais, entre os principais núcleos de poboación e as zonas de equipamentos –como o colexio, o campo de fútbol ou o cemiterio-, a pé ou en bici, dun xeito cómodo e seguro.

Esta nova senda de uso compartido, peonil e ciclista, discorrerá ao carón das estradas que unen Buño con Agualada e con Canta La Rana (AC-421 e AC-422); terá unha lonxitude de 2 km e construirase pola marxe dereita de ambas as estradas. Ademais disporá dun paso de peóns que garantirá a continuidade entre os dous treitos do itinerario.
Este proxecto contará cun investimento de arredor de 640.000 euros por parte da Xunta, fondos xa garantidos, que están consignados nos Orzamentos grazas á importante xestión feita ante a Unión Europea.

Carballo- polígono de Bértoa

Senda Peonil Poligono de Bertoa-Carballo

O Goberno galego tamén publica hoxe no DOG a licitación das obras doutro itinerario peonil e ciclista nesta comarca de Bergantiños, concretamente en Carballo, na estrada que comunica A Coruña e Cee, a AC-552, no treito que une a capitalidade do concello coa zona industrial de Bértoa.

Trátase dunha senda de máis de 1 km, que lles permitirá aos veciños desprazarse diariamente ata o seu lugar de traballo, a pé ou en bici, de xeito máis seguro e sostible. A amplitude do novo itinerario, duns 9 metros de ancho, fará que exista unha senda peonil, un carril bici e unha franxa axardinada perfectamente diferenciados. Ademais, tamén se habilitarán aparcadoiros naquelas zonas nas que se dispoña de espazo suficiente. O Executivo autonómico destinará a esta actuación 763.000 euros, fondos tamén garantidos e consignados; e o obxectivo é que, ao igual que a senda de Malpica, os traballos estean finalizados no vindeiro ano.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.
Comentarios