Luns. 23.09.2019
El tiempo

Máis de 75 nenos e nenas xogan mañá as finais do campionato de fútbol praia e fútbol sala de Malpica

Máis de 75 nenos e nenas xogan mañá as finais do campionato de fútbol praia e fútbol sala de Malpica
futbol-infantil-malpica Un dos equipos dos "Maiores" que xogaron estes días na liga infantil de Malpica Un dos clásicos do mes de agosto é a liga infantil de fútbol praia e fútbol sala de Malpica que hoxe chega ao seu fin. En total competirán un total de 75 nenos e nenas nos encontros que se disputarán na praia de Area Maior. Os primeiros en saltar á area serán os equipos dos “Maiores”, que despois dos últimos partidos, disputados onte, quedan emparellados deste xeito:
  • Final 3ª división: As Centolas-Obrero (5º e 6º clasificados): 11:00 horas.
  • Final 2ª división: Los Garcis-Sin Nombre (3º e 4º clasificados): 11:50 horas.
  • Final liga: Os Leiteiros-Los Butaneros (1º e 2º clasificados): 12:40 horas.
Os equipos dos “Peques” xogaron o luns os seus últimos partidos, e os resultados deron lugar estes emparellamentos:
  • Final 3ª división: The Cracks-Looney Tunes (5º e 6º clasificados): 11:25 horas.
  • Final 2ª división: Iluminados-Moteros (3º e 4º clasificados): 12:15 horas.
  • Final liga: Patakeros-Los Águilas (1º e 2º clasificados): 13:10 horas.
As finais de 2ª e 3ª división constarán de 2 tempos de 12 minutos, mentres que as finais de liga serán de 2 tempos de 14 minutos.

Comentarios