Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Malpica abre o prazo para a campaña Alimentos polo Nadal

Malpica abre o prazo para a campaña Alimentos polo Nadal

Xa poden as familias máis necesitadas de Malpica comezar a presentar as solicitudes para entrar na campaña "Alimentos polo Nadal", unha iniciativa da Concellería de Servizos Sociais complementaria do Banco de Alimentos. As familias que reúnan os requisitos deben dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais durante este mes de novembro.

As familias non poderán superar os ingresos establecidos no seguinte baremo económico, en relación ao IPREM (532,51 euros).

  • 1 persoa: 0,80 % IPREM________________________426,26 euros.
  • 2 persoas: IPREM __________________________ 532,51
  • 3 persoas: 1,25 % IPREM________________________665,64
  • 4 persoas: 1,50 % IPREM________________________797,26
  • 5 persoas: 1,75 % IPREM________________________931,89
  • 6 persoas: 2 % IPREM_________________________1.065,02
  • 7 ou máis persoas: 2,25 % IPREM________________1.198,14

Para obter máis información ou realizar a solicitude os interesados poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais ou chamar ao 981 72 02 80.

  • O banco de alimentos de Malpica tamén axuda no inicio do curso escolar.
  • Novas relacionadas

    Fonte

    • Concello de Malpica.

    Comentarios