Luns. 18.11.2019
El tiempo

Malpica acolle o I Encontro Interxeracional de Mulleres Rurais

Malpica acolle o I Encontro Interxeracional de Mulleres Rurais

Este 15 de outubro celebrouse o Día Internacional da Muller Rural. Na bisbarra celebrámolo coa presentación do proxecto “A Costa das Mulleres”, un compendio de vídeos nos que 8 mulleres de 8 concellos da bisbarra se convirten en auténticas protagonistas.

Outro mar de mulleres serán tamén as protagonistas do I Encontro Interxeracional de Mulleres Rurais, que organiza o Concello de Malpica xunto coa Asociación Visibles. Unha cita que se celebrará o 19 de outubro ás 17:00 horas na Casa da Cultura de Seaia.

Nesta xornada xuntarán mulleres de diferentes idades, parroquias e perfís laborais co obxectivo de compartir as nosas experiencias de vida. A idea é aproveitar ditas vivencias para avaliar como ten cambiado a situación da muller e do medio rural nos últimos 50 anos.

Deste xeito será unha boa ocasión para destacar os logros e melloras obtidas e denunciar as inxustizas e desigualdades, nun intento de retratar á muller rural actual que entre todas representamos; así como o papel clave que debemos desenvolver nesta sociedade cambiante e ameazada polo envellecemento e o despoboamento.

Novas relacionadas

Comentarios