Mércores. 29.01.2020
El tiempo

Malpica alumea o Nadal e escolle os premios do Certame de debuxo

Malpica alumea o Nadal e escolle os premios do Certame de debuxo

O Concello de Malpica prepara xa a benvida das Festas de Nadal co acendido do alumeado en toda a contorna municipal. Aínda que algunhas figuras xa locen penduradas nalgunhas partes da vila, quedarán completamente instaladas a partir do martes. Está proxectado que haxa arcos en todas as parroquias.

Porén, estase a preparar un acto simbólico este venres, día 13 de decembro, na praza Villar Amigo que acollerá o “acendido oficial” da árbore de 11 metros de altura. Haberá, tamén, unha pequena festa.

O concelleiro de Servizos, Alfredo Cañizo, destaca que “haberá novidades con respecto a outros anos. Tivemos que tardar un pouco máis en instalar as luces polas inclemencias meteorolóxicas, pero agardamos que lle guste á veciñanza. Non nos imos olvidar de ninguén ”, destaca o edil.

Certame de debuxo

Debuxo de Nadal de Ana Lopez en Malpica

As gañadoras e gañadores do Certame de Debuxo de Nadal de Malpica foron Ana López, de 4º de Secundaria (o debuxo de arriba), do IES Urbano Lugrís; Angelica Vidal, de 2º de Primaria do CRA A Nosa Señora do Faro; Icía Velasco, de 4º de Primaria do CEIP Milladoiro e Roi Freijeiro, de 6º de Infantil do CEIP Joaquín Rodríguez Otero (este debuxo de abaixo).

Debuxo de Nadal de Malpica de Angelica Anahi Vidal Guel

Comentarios