Martes. 14.07.2020
El tiempo

Malpica armou un faladoiro sobre a saúde feminina nunha sociedade baixo mandato socio-patriarcal

Malpica armou un faladoiro sobre a saúde feminina nunha sociedade baixo mandato socio-patriarcal

Despois do Faladoiro Oleiro, o Concello de Malpica colle gusto a estas conversas e repite hoxe xoves, 28 de maio, ás 20.00 h, co Faladoiro en liña e en directo en clave de igualdade “Os Malestares de Xénero”. Unha cita co gallo do Día Internacional de Acción pola Saúde da Muller.

Neste faladoiro, impulsado pola Concellaría de Igualdade de Malpica de Bergantiños e organizado por Asociación Visibles, analizouse “como actúan os mandatos socio-patriarcais en todas as etapas do ciclo vital das mulleres, alexándonos así da posibilidade de gozar dunha saúde integral óptima”.

Participaron Lola Ferreiro (investigadora e licenciada en medicina e ciruxía) e Beatriz Guerra (psicóloga experta en igualdade e violencia de xénero).

O evento retransmitiuse pola canle de youtube: Igualdade Malpica.

Novas relacionadas

comentarios