Martes. 16.07.2019
El tiempo

Malpica contratará 14 peóns co Plan de Emprego da Deputación

¡
¡
Malpica contratará 14 peóns co Plan de Emprego da Deputación

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases do proceso selectivo para a contratación de 14 traballadores no Concello de Malpica. As prazas corresponden a un oficial de segunda albanel, tres peóns de albanel e dez peóns de medio ambiente, cuxos custos laborais e de seguridade social asume a Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos).

Os catrorce operarios seleccionados, que deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas, realizarán obras e traballos de acondicionamento e mellora de diversas áreas e zonas verdes de titularidade municipal. Estes traballos incluirán o mantemento de camiños e vías de acceso municipais a distintos núcleos de poboación do concello, a limpeza de cunetas, mantemento de alcantarillado e alumeado público ou a reparación de parques públicos, áreas recreativas e instalacións deportivas.

Comentarios