Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica e Muxía enche de cor os seus muros de cemento

Malpica e Muxía enche de cor os seus muros de cemento
Como nos gustan estas iniciativas que converten feos muros de cemento en lienzos nos que os artistas poden expresas a súa creatividade ao tempo que embelecen as nosas vilas. Parece que o exemplo carballés coas pineiras accións Rexenera Fest e Derrubando Muros con Pintura está servindo de semente para que outros concellos da bisbarra se sumen a esta idea de humanizar rúas a golpe de graffiti. Desta volta foron os concellos de Malpica e Muxía os que propuxeron novedosas actividades, que perdurarán no tempo.

Muros do Nordés

Muros do Nordes en Muxia -Comarea 1 A Asociación Xuvenil Comarea, da man de Lucía Alcaina Romaní, contou co apoio municipal para levar a cabo este “Muros do Nordés”, un evento de pintura mural no que participaron unha serie de artistas locais como Gerardo Haz Picallo, Teresa Búa, Lois Búa, Luna Eva Yagüe, Andrés García Riesgo, Teresa Candal e Gonzalo Saborido, ademais de artistas invitados chegados do colectivo Mutante Creativo, de Ordes. Todo o pobo participou achegándose polos lienzo-muros do “paraventos” muxián, para opinar, para valorar, para deixar claro que estas accións van directas ao corazón dos veciños. De feito, segundo Comarea "a aceptación de alegría da xente de Muxía amenizou moito o momento de traballar". Por iso, segundo Lucía Alcaina "quizáis sexa iso o que máis destacaría: o bo ambiente creado no entorno dos paraventos". Un dato que permite ficar á organización "moi satisfeitos, foi unha fin de semana chea de actividade e bos momentos". Nos 7 murais, debuxados durante a pasada fin de semana, moi presente o espírito crítico respecto á contaminación que asola as nosas costas, un tema de radical actualidade para os pobos costeiros como Muxía. En todo caso, as pinturas aínda están por rematar, pois o mal cálculo do tempo levounos a continuar esta semana co evento, sen significar problema algún. O que si se rematou foi o realizado polo colectivo Mutante Creativo, que deixan o muro máis espectacular, e quizáis o que máis sorprendiu a xente, unha gran peza mural abrazada por tres monstros mariños cun bonito fondo azul intenso. Os restantes debuxos tiveron tamén un bo resultado, ou seguen tendo porque algún aínda está en proceso, pero en xeral predomina a boa calidade e o poder creativo de todas e todos. A temática que máis pesou foi o ataque á contaminación, reflexada tanto nos seres radiactivos dunha era postapocalíptica que protagonizan a pintura de Lois Búa ata o peixe que nada nun mar de lixo de Gerardo Haz, ou mesmo as medusas tapadas por bolsas de plástico de Andrés García. Por outra banda os animais do mar fican presentes en cada un dos recunchos dos paraventos: no diseño serial de Teresa Búa dos bancos de nécoras, os xa comentados monstros de Mutante Creativo, ou o gran pulpo que envolve o faro da Barca de Luna Eva Yagüe. "Defintivamente un conxunto de obras plurais que deixan como resultado un espazo repleto de diversos trazos e temas pero que sintoniza perfectamente coa identidade mariñeira do pobo", destaca Alcaina. E respecto a isto cabe destacar que os integrantes da Asociación Xuvenil Comarea improvisaron o sábado e domingo un traballo para os muros de madeira que acompañan á pedra, o cal consistiu en escribir por unha banda nomes de barcos muxiáns que xa non están en activo, e por outra parte nomes de pedras e outros enclaves da costa do concello. Dúas listas de nomes que encantaron á xente, xa que tamén puideron participar á hora de facilitar nomes que os propios artistas non coñecían. Artistas locais do Muros do Nordes en Muxia -Foto-Juan Santiso Artistas locais do Muros do Nordes en Muxia -Foto-Juan Santiso Muros do Nordes-Muxia 2016 Muros do Nordes en Muxia -Daniel Haz Boa participación veciñal na iniciativa Muros do Nordes en Muxia -Daniel Haz  

Os nenos enchen de cor un novo tramo do Paseo da Praia de Malpica

Mural do Pintar na Rua de Malpica Mural do Pintar na Rua de Malpica Pola súa banda, en Malpica os protagonsitas foron os nenos e nenas, que seguen a encher de cor os muros do Paseo da Praia. Este verán, dentro do proxecto Pintar na Rúa, que está axudando a recuperar espazos degradados da nosa vila, dous equipos de traballo compostos por 20 nenos e nenas de distintas idades, e dirixidos pola artista Paula Fraile, conseguiron dar vida a outro muro. Nesta ocasión, o motivo que enche a parede son os rostros dos propios participantes, dispostos de tal xeito que van acompañando coa mirada ao paseante. A utilización de grandes doses de cor é outra das características da obra, o que contribúe a facela visible practicamente dende todo o Paseo da Praia. Ademais, os participantes en Pintar na Rúa pintaron os bancos situados diante do mural que elaboraron o ano pasado, xa que os anteriores foron arrincados durante os temporais do inverno e tiveran que ser substituídos por pezas de fábrica brancas. Agora volven a lucir en todo o seu esplendor.

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios